27 de xullo de 2011

Parrillada AGARIMO de Curtis: Presentación do disco e Foliada



Venres 5 de agosto, a partir das 22:00 h:


na  Parrillada AGARIMO 

Ronda da Coruña, 91  Ctra. AC-840
en Curtis (A Coruña)


 Churrascada e Foliada!

12 de xullo de 2011

Próximos concertos de Presentación do disco

Venres 22 de xullo: Na Taberna-cervexaría A COVA CÉLTICA (Rúa do Orzán, Nº 88,  A Coruña)

Domingo 24 de xullo: Gran Sardiñada e Foliada no BAR ZARRA, no porto de Caión-Laracha (A Coruña)

Venres 5 de agosto: na Parrilada AGARIMO de Curtis, a partir das 22:00 h. 

Domingo 18 de setembro: no Restaurante TIO PEPE de Cerceda, a partir das 16:00 h. 

Sábado 1 de outubro: no Bar ORELLAS de Ordes, a partir das 22:00 h. 

10 de xullo de 2011

XIII MERCADO MEDIEVAL DE ALFOZ (Lugo)

                   SÁBADO 16 DE XULLO : ás 15:00 h comezará a actuación do cuarteto
                     "Os Viqueiras de Ordes" no XII Mercado Medieval de Alfoz.


O entorno do Castelo de Castro de Ouro será un ano mais o que acolla a celebración do Mercado Medieval de Alfoz, que durante todo o día terá unha ateigada axenda de actos de homenaxe á súa historia feudal.
      
              http://www.concellodealfoz.es/

22 de maio de 2011

Especial 3º Aniversario das Noites de Tasca en Ordes

O venres 3 de xuño celebramos o 3º Aniversario con varias actividades e  ademais contamos cos protagonistas das últimas edicións desta tempada.
Ás 19:30 h, no Campo da Feira, diante do Museo do Traxe, haberá un "Obradoiro de Baile Galego" impartido polos mestres Juan Pena e Beatriz García (membros da A.F. Sementes do Arte) e dirixido ao público de todas as idades.
Animádevos a visitar a Exposición monográfica de traxes adicada a Andalucía no Museo de Juanjo Liñares, as visitas son gratuitas.
Pola tarde, como nos anos anteriores, visitaremos a Residencia de anciáns, alí tocaremos Os Viqueiras e o Grupo de Música Tradicional de Ordes.
A partir das 21:30 h estarán os grupos tocando polos bares de Ordes (algúns deles ofrecerán tamén churrascada e sardiñadas) para logo xuntarnos todos, a iso das doce da noite, no bar "O Rincón do Pincho" (Av. Alfonso Senra, nº 75) e despedirnos ata outubro cunha gran FOLIADA.

Colaboran con nós:  O Concello de Ordes e a Agrupación Folclórica SEMENTES DO ARTE.

9 de maio de 2011

Presentación do disco: "Noites de Tasca"


 

O grupo OS VIQUEIRAS DE ORDES teñen o pracer de convidarvos á presentación do seu primeiro traballo discográfico títulado, como non, NOITES DE TASCA, gravado nos Estudios Mans da Coruña, dentro do programa "Outra + Outra 2010".

Será o sábado día 14 de maio ás oito da tarde na Casa da Cultura (Rúa de Galicia, 25) de Ordes.

8 de maio de 2011

Gañadores do CONCURSO DE ATURUXOS


Entrega de premios
A gañadora, Begoña Lorenzo
 O pasado venres, na 28ª edición das Noites de Tasca en Cerceda celebramos a gran Final do Concurso de Aturuxos, onde os clasificados nas últimas edicións botaron os seus mellores aturuxos ao son da música dos Gaiteiros de Lesta e dos Requinteiros da Ulla, entre outros.
Os gañadores foron:
1ª)  Begoña Lorenzo, de Ordes, que levou unha fabulosa cesta con viandas e agasallos, xentileza de "Parada Dulce" (C.C. Marineda City, A Coruña)
2ª)  Mª José Barral de Santiago, gañou un cheque de compra por valor de 50€ en "Deportes CAPITAN"" en Ordes.
3ª)  Aurora Ferreiro, de Marantes, Santiago, disfrutará dunha cea para 2 personas ou aloxamento na Casa Rural "Antón Veiras, en Poulo, Ordes.
4ª)  Javier Suárez, tamén de Santiago, que gañou unha cea-baile para 2 persoas no Hotel Barreiro, en Leira (Ordes).
O resto de clasificados levaron invitacións ao Aquapark, agasallo do Concello de Cerceda.

Noraboa a todos!

21 de abril de 2011

28ª Noite de Tasca en Cerceda



O venres 6 de maio, a partir das 22:00 h, vémonos no Restaurante O PANADEIRO, en Cerceda, xusto en fronte á entrada do Aquapark. Como grupo convidado temos aos Requinteiros da Ulla, A GAITA DE SARANDÓN, con Pepe de Nande e Marcelino de Muiñero, os depositarios e xenuinos transmisores da tradición do tocar da requinta na Ulla e despois, coma sempre, Foliada aberta á participación de todo o público.

Pero esta Noite é moi especial porque, a partir das 23:30 h, comezará a gran FINAL do CONCURSO DE ATURUXOS, onde elixiremos aos "Mellores Botadores de Aturuxos das Noites de Tasca" desta tempada, e por suposto, repartiránse moitos premios entre os gañadores.

      Colaboran con nós: o Concello de Cerceda e a
     Agrupación Folclórico-Cultural SAN MARTIÑO
     de Cerceda.

16 de marzo de 2011

27ª Noites de Tasca na Pontecarreira (Frades)


O vindeiro venres día 1 de abril, temos unha "Noite de Tasca" moi movida. Xa a partir das  nove da noite haberá grupos de gaiteiros percorrendo os bares da Pontecarreira para xuntarnos logo aí sobre as 22:00 h no Restaurante O CADAVAL.

Aviso importante: estarán connosco gravando da TVG para o programa "VAIA TROULA" que se emitirá o próximo sábado día 9.

Como grupo  convidado especial temos ao Grupo de Música Tradicional da Asociación de Veciños REXENTE da Pontecarreira e despois todos aqueles que queirades participar.

 As 23:30 h dará comezo a Semifinal do I CONCURSO DE ATURUXOS que estamos a celebrar este ano. Os clasificados pasarán á gran FINAL que se celebrará o venres 6 de maio en Cerceda, con premios para os gañadores.

Colaboran con nós:  O Concello de Frades e Os Reiceiros da Pontecarreira.



19 de febreiro de 2011

26ª Noite de Tasca en Trazo


    Venres 4, a partir das 22:00 h 

na  Parrillada "CAMPO" en Trazo,
 celebraremos a 26ª edición das Noites de Tasca
ca presenza do grupo...

FAISCAS DA PONTRAGA
(de Tordoia) que tocará nesta noite de Entroido    antes de comezar a Foliada.


Animávovos a participar no Concurso de Aturuxos, xa vamos pola 6ª eliminatoria e queda pouco para a semifinal.

Colaboran: O Concello de Trazo e a Asociación  Cultural  OS XEITOSOS DE TRAZO.

               Vide tocar e aturuxar con  nós!

26 de xaneiro de 2011

25ª Noite de Tasca en Sta. Cruz de Montaos (Ordes)


O venres, 4 de febreiro, a partir das 22:00 h
na N-550, na parroquia de Sta. Cruz de Montaos.

Contamos ca presenza do grupo
 "NÉBOAS" 
      de Sigüeiro-Oroso (A Coruña) e tamén actuará a
 "Coral Polifónica de Santa Cruz de Montaos".

Remataremos coma sempre ca tradicional  Foliada 
e celebraremos a 5ª Eliminatoria do Concurso de Aturuxos.

                          Colaboran:
O Concello de Ordes, a Asociación de Veciños
"Unidad Gallega" e a Coral Polifónica de Santa Cruz de Montaos.

                        VIDE TOCAR CON NÓS!



25 de decembro de 2010

24ª NOITE DE TASCA en Tordoia

Comezaremos o ano novo cunha Noite Especial adicada aos Cantos de Reis, unha das tradicións orais máis populares e fermosas do tempo de Nadal. A partir das 21:30 h, no Bar BEMARO (na Pontepedra, ao lado do Concello). Actuarán os grupos convidados e despois todos aqueles que queiran participar.
            
   Contamos ca presenza de:

-  Grupo de Música Tradicional de Ordes

-  Pandereteiras das Encrobas de Cerceda,

-  Pantereteiras "Xentiñas de Trazo"

-  Grupo "Os Reiceiros" da Pontecarreira, Frades

- Coro "Arumes da Fraga" da FWFF de Cecebre, Cambre.


Celebrarase tamén a 4ª eliminatoria do Concurso de Aturuxos, con agasallos para os clasificados.

Colabora:  Concello de Tordoia  e  Asociación "O Buxo".

      VIDE CANTAR E ATURUXAR CON NÓS!

Aproveitamos para desexarvos a todos unhas
BOAS  FESTAS  E  UN  FELIZ  ANO!

18 de novembro de 2010

23ª NOITE DE TASCA en CABRUI-MESÍA



Venres 3 de decembro, a partir das 21:30 h,
 celebramos a "Noite de Tasca" cun        
    MAGOSTO  POPULAR   
no   Local  Social de Cabrui  (Mesía) 
 onde non  faltarán  os pinchos, castañas asadas, viño e, por   suposto, unha boa queimada. 

O grupo protagonista desta  noite será  o  Coro  da  FWFF  (Fundación Wenceslao  Fernández Flórez):
 "ARUMES  DA  FRAGA"
de Cecebre (Cambre, A Coruña).

Despois FOLIADA e a 3ª eliminatoria  do Concurso de ATURUXOS.  

                            Colaboran con nós:
       O concello de Mesía e a Asociación de Veciños
       Cabrui-Cruceiro.   
 

13 de novembro de 2010

1ª FESTA DO PULPO en Ordes

        
 
            O sábado día 20, a partir das 12:30 h,  á beira do  bar  O  RINCÓN DO  PINCHO (carpa situada na Praza da Mina) celebrarase a  1ª Festa do Pulpo ca pulpeira do Pucho de Xinzo de Limia (Ourense).

       Amenizada ca música tradicional dos grupos:  "OS VIQUEIRAS" de Ordes  e
"OS REICEIROS" da Ponte Carreira (Frades).

26 de outubro de 2010

22ª NOITE DE TASCA en Sigüeiro - Oroso


       O venres 5, a partir das 10 da noite,
     tedes unha nova cita cas NOITES DE 
     TASCA no Bar "VDA. DE NOUCHE" (Av.
     de Compostela, 15)  en Sigüeiro-Oroso.


   Contamos ca actuación especial do grupo
   OS GAITEIROS DO PEDROSO, da Coruña,
   e do grupo folklórico NÉBOAS de Sigüeiro.


   Apúntate para a 2ª eliminatoria no
   CONCURSO DE ATURUXOS, haberá 
   agasallos para os clasificados.
   E despois coma sempre, FOLIADA aberta
   a todos os que se animen a participar.


   Colaboran:  O Concello de Oroso e
   a Agrupación Folklórica NÉBOAS.

                      VIDE TOCAR CON NÓS!

26 de setembro de 2010

21ª NOITE DE TASCA en Vilamaior

                         Tralo verán, volve a 3ª tempada das "Noites de Tasca" na comarca de Ordes,
          que agora serán sempre o 1º venres de cada mes, de outubro a xuño do 2011.    
          Este  mes temos  como  convidado  especial ao  mestre  D.  FAUSTINO SEOANE,   
         Gaiteiro  de  Santa  María  de  Arzúa,  en plena forma aos seus 84 anos.
                           Despois, coma sempre haberá FOLIADA, e como novedade, comezamos un   
          "Concurso de Aturuxos"  con  6 eliminatorias.  Cada mes  iranse  preseleccionando  
          os  mellores  para competir na  Final que será  en maio do 2011  en Cerceda,  onde se
          elixirá  ao "Mellor botador de aturuxos das Noites de Tasca".

20 de setembro de 2010

35ª Foliada nas Pontes (A Coruña)

                    Empeza a nova temporada de Foliadas na cafetería LAR das Pontes:
                    os últimos venres de cada mes.

24 de agosto de 2010

3ª MOSTRA DO TRAXE GALEGO E MÚSICA TRADICIONAL en Melide

            As 21:00 h. concerto de Manuel Viqueira, gaiteiro de Vilaverde, acompañado por
            Raquel Iglesias e Manuel Viqueira (fillo) na Praza do Convento de Melide.

                

            

20 de xuño de 2010

2º Aniversario das NOITES DE TASCA en Ordes


O vindeiro venres 25 remata a 2ª tempada das Noites de Tasca  que voltará no mes de outubro.


Para esa xornada haberá roteiro de músicos polos bares e rúas para ir quentando o ambiente desde as 20:00 h.
As 19:30 h. o público que se achegue ata a praza do Museo do Traxe,  poderá bailar cos membros da Asociación Folklórica e Cultural  SEMENTES DO ARTE  no "Obradoiro de Baile Galego" e logo facer unha visita gratuita ao MUSEO DO TRAXE Juanjo Liñares.

E a partir das 23:00 h. gran Foliada no Bar O Rincón do Pincho e na Cervecería PJ , con moitas actuacións de grandes e recoñecidos gaiteiros, pandereteiras e grupos de música tradicional.

VIDE TOCAR CON NÓS!
 


8 de xuño de 2010

FESTA FOLK e churrascada popular na PONTE CARREIRA (Frades)

O sábado 12, "Os Reiceiros" organizan unha gran FESTA FOLK na Ponte Carreira
            a partir das 19:00 h.


24 de maio de 2010

20ª NOITES DE TASCA en Frades (A Coruña)





O venres 28 tedes unha nova cita en Abellá (Frades) no restaurante CASA VELLA a partir das 10 da noite.                                                                         

Como convidado especial temos ao artesán e mestre gaiteiro  
JUAN BREA, da Coruña

E despois, coma sempre, FOLIADA aberta a
todos os que queirades participar.

Colaboran con nós:
O concello de Frades e a Asociación Cultural Os Labregos de Abellá .
                                                                                         

11 de maio de 2010

Exposición fotográfica: "12 CASAS CON HISTORIA" en Mesía

O domingo 16, as 18:15 h "OS VIQUEIRAS DE ORDES" actuarán na inauguración da Exposición  fotográfica: Parroquia   de   San Cristobo de Mesía.   12 casas con historia, na escola de Mesía.              

Organiza:  Asociación de Amigos da Capela de Nosa Señora  de Arxán


10 de maio de 2010

FOLIADA das LETRAS GALEGAS 2010

            

A comisión de Festas da Grabanxa (Oroso) organiza unha FOLIADA para celebrar o  día das Letras Galegas o domingo 16 a partir das 20:00 h.




6 de maio de 2010

XIV FESTA DA TROITA 2010 en Sigüeiro

        O domingo  9,  "Os Viqueiras" tocarán pola mañán a partir das 10:30 h e pola tarde
        a partir das 16:00 h polas rúas de Sigüeiro amenizando a Festa da Troita.